
Traballando en BookWyrm
BookWyrm está mantido por Mouse Reeve - que guía o proxecto, xestiona a comunidade de desenvolvedoras, e intenta arranxar os fallos antes de que se presenten. O obxectivo principal de BookWyrm é facelo amigable e acolledor, tanto para a comunidade de desenvolvedoras como software para as usuarias.
Redes sociais
Podes contactar con BookWyrm en Mastodon e Twitter para estar ao día das novas funcións. Etiquétanos para citarnos ou envíanos unha mensaxe directa se queres contactar.